TRAXECTORIA PROFESIONAL DOS ASOCIADOS

En Talentium, xestionamos solucións rendibles para acelerar empresas: achegamos talento e valor. Combinamos intelixencia empresarial e intelixencia emocional para mellorar a eficacia de xestión, en contornas de elevada incerteza. Todas as empresas teñen problemas, ou áreas nas que poden mellorar. Diriximos a procura de solucións, a través do método Intema Xestión, con ferramentas tecnolóxicas de intelixencia de negocio ( BI), e cunha atención coidada ao desenvolvemento de persoas e equipos ( PNL). Analizamos a situación, preparamos un plan con obxectivos, e poñémolo en marcha. Un interim manager implícase na xestión, e na execución dos proxectos. Conto cun equipo de colaboradores especialistas de primeiro nivel, e nos que se pode confiar. Son director de negocios e co-fundador en Talentium Interim Business Solutions. Son cofundador e vicepresidente de Valorea, Asociación de Interim Management de Galicia. Son presidente e co-fundador de Rede Activa, unha rede de colaboración profesional, networking, formación e difusión da RSC coa que podes colaborar en calquera momento. Con experiencia en dirección de empresas en diferentes sectores (distribución, retail, cerámica, alimentación, cosmética, xestión de resíduos), en empresas en crises e en start- ups. “Tanto se crees que podes, coma se crees que non podes, en ambos os casos tes razón”. Henry Ford

Despois de moitos anos traballando na mesma empresa, desempeñando múltiples funcións chegou a hora de compartir os meus coñecementos e a miña experiencia cos demais. A miña traxectoria laboral ha estado ligada a Cementos Cosmos, onde sempre tiven a oportunidade de aprender e crecer profesionalmente, primeiro na fábrica en Calidade e Produción, logo durante moitos anos no Departamento Comercial tanto en funcións de Asistencia Técnica como na Dirección Comercial (nos anos máis duros da crise) en diferentes áreas de influencia. Que podo facer a agora por ti? Conta comigo para impulsar novos proxectos, para lanzar novos produtos, para procesos de reestruturación (formación e mentoring de novos Directivos), para suplencias temporais de directivos, para ser o teu coach comercial, para ser un conselleiro independente nos teus órganos de dirección…

Contas cunha persoa de trato directo e sinxelo, que asume a miña responsabilidade con enerxía e motivación, que se implica nos obxectivos da organización e colabora activamente no desenvolvemento profesional das persoas ás que lidera.

ENCANTARÍAME AXUDARCHE E APRENDER MUTUAMENTE NOS RETOS QUE AFRONTEMOS XUNTOS

Profesional con ampla experiencia internacional en funcións directivas e de xestión empresarial na industria: calidade, produción, seguridade e saúde no traballo, ambiente, enerxía, investigación e desenvolvemento, compras, xestión de risco, comercial, márketing e formación en Brasil, Colombia, Perú, México, Canadá, Portugal, España, Francia, Alemaña, Suíza, Inglaterra, Irlanda do Norte e Sudáfrica. Sólida formación: PhD Ciencias Químicas, MBA, Máster en Coaching e Intelixencia Emocional, Licenciatura en Ciencias Químicas e Enxeñería Química, así como numerosos cursos e seminarios relacionados co ámbito empresarial. Habituado a desenvolver as súas actividades en escenarios dinámicos e cambiantes, traballando con versatilidade e rapidez, especialmente en contornas internacionais, adaptándose cos seus equipos de traballo multidisciplinares e culturalmente diversos ás novas situacións para a consecución de resultados. Aptitudes para a innovación, planificación, comunicación e a coordinación de persoas; fortemente orientado á fixación de obxectivos e consecución de resultados a través da constancia, persistencia, perseveranza e compromiso, xunto coa honradez, a asertividad e a resiliencia.
Solucionador eficiente de problemas en situacións complexas.

Áreas de experiencia Xestión da Calidade e Seguridade Alimentaria |Lexislación alimentaria |Auditoría de Calidade Alimentaria | Xestión Eficiente da Produción en Industria alimentaria | Optimización Tempos de Fabricación| Xestión de Equipos|Operacións| Loxística | Cadea de Subministración Ampla experiencia no sector alimentario desde 1996 que me levou a ser unha desas persoas que make things happen; que help people to be great at what they do ; afeita a take decisions; que coñece as ferramentas de problema solving e que sempre busca o continuous improvement nas empresas onde traballo. Motívame saber que co meu traballo melloran os resultados da empresa a través da implantación de métodos de traballo eficientes, de estandarizar e procedimentar procesos, de motivar ás persoas e de reducir custos operacionales. Gustarme traballar con empresas alimentarias que cren na Calidade Total e na Excelencia na Xestión Empresarial.

Casos de éxito como Interim Manager

Casos de éxito


Contacto: ev@evconsultoriaalimentaria – 690632520.

Profesional do Dereito con ampla formación de posgrao en materias xurídico-legais e en Administración e Dirección de empresas. Participei no proceso de reestruturación de recoñecida firma galega procedente do sector público, no que intervín asumindo responsabilidades executivas de dirección ata alcanzar a estabilización da entidade, o que requiriu a miña participación activa en procesos de reorganización e planificación de persoal, con modificación das condicións de traballo; así como no deseño de estrutura empresarial, con creación e integración de novos departamentos e reorganización dos existentes.

COMPETENCIAS:

  • – Administración e dirección de empresas, Dereito societario.
  • – Planificación e desenvolvemento de negocios, estratexias e operacións.
  • – Capacidade de liderado, traballo en equipo, responsabilidade e toma de decisións.
  • – Creativo, innovador, entusiasta, perseverante.
  • – Lealdade e capacidade de compromiso.

Axudo a construír marcas baseadas en culturas orientadas á plenitude das persoas, co fin de alcanzar un estado de compromiso e motivación que mellore a eficiencia e a rendibilidade das organizacións. Traballo para conseguir persoas +felices ➤ equipos +eficientes ➤ clientes +satisfeitos ➤ empresas +rendibles.


Purpose for excellence in business. Building customer preference and loyalty by empowering and connecting employees to the company’s purpose.

Son consultor de branding corporativo. Traballo construíndo marcas, empezando polo esencial, as persoas.

A túa marca non son só estratexias de comunicación cara ao exterior. O branding é un proceso de dentro fóra que nace das persoas, dos valores, principios e comportamentos que definen e diferencian a túa organización. A túa marca son as túas persoas.

Compartir, afianzar e desenvolver permanentemente estes valores pode constituír un eixo de transformación fundamental para calquera organización.

Por iso, traballo para empresas que desexan transformar a súa organización cara a un modelo produtivo máis eficiente, comprometido e feliz, a través dunha sólida cultura corporativa centrada no seu activo máis importante: As persoas.

Son responsable de desenvolvemento de negocios e co-fundador de Talentium Interim Business Solutions, co-fundador tamén de Valorea, Asociación de Interim Manager de Galicia.
Hoxe en día o éxito comercial comeza moito antes de poñer un produto ou servizo en venda. As persoas cambiamos, as claves para comunicar e vender tamén.
Especializado en vendas, xa sexa como interim manager, director comercial externalizado ou consultor puntual, a miña misión é apoialo nesa transformación.
Aumento de vendas, optimización de equipos comerciais, motivación, redución de rotación de persoal, mellora de comunicación e xeración de cultura de servizo ao cliente algúns dos resultados.

Desesenrolo da expansión comercial textil-moda.
Xestión de operacións e mellora de procesos.

PhD in Organic Chemistry (University of Santiago de Compostela, Spain), postdoctoral and profesional career path across Europe and Master in Project Management (Business School LaSalle- URL, Spain).
As Research Scientist, i.e synthetic organic and medicinal chemist, more than 10 years of experience in #DrugDiscovery. As freelance consultant and manager, collaboration with several Galician organizations, two of them university spin-offs.
Strong interpersonal skills, based on empathy and a respectful approach to internal and external partners. Honesty, a high sense of commitment and troubleshooting skills complete my profile.
#consultant, #pharma, #biotech or #biomedical companies in #Health&Wellness related #projects
#BioHeroes. Current ambassador / BioHeroe of the #Biobridges European project (https://www.biobridges-project.eu/)
<script type=”text/javascript” src=”https://platform.linkedin.com/badges/js/profile.js” async defer></script>
——————————

Doutora en C.C. Química pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), especializada en Química Orgánica, e Máster en Xestión de Proxectos pola escola de negocios BES-LaSalle (URL). Como investigadora senior, participei en diferentes proxectos de descubrimento e desenvolvemento de fármacos, acumulando máis de 10 anos de experiencia profesional. Estes proxectos desenvolvéronse en diversas organizacións (universidades, fundacións, empresas), no estranxeiro e en España. Tras o máster en xestión, e como profesional autónoma, traballei en varias entidades galegas, dúas delas spin-off da USC.
Responsable, íntegra, capaz de auto-motivación e cun alto sentido do compromiso; capacidade de resolución de problemas e análise completan o meu retrato. Sensible ás demandas das organizacións nas que traballo e intento fomentar boas relacións interpersoais, baseadas na empatía e o respecto, con colaboradores internos e externos.#BioHeroes. Embaixadora / BioHeroina no proxecto europeo #Biobridges (https://www.biobridges-project.eu/).

Ao longo da miña evolución profesional puden ascender tanto a nivel persoal como profesional tanto en competencias, como habilidades, retos e compromisos. Sempre involucrada en buscar e acompañar a clientes nos seus procesos de melloras, de cambios e de resultados para que optimicen a súa calidade de vida. Agora mesmo a suma evolutiva da miña praxe e expertise profesional enmárcome no labor de Interim Manager desde o 2015 podendo acompañar desde unha óptica máis profunda procesos de maior calado. Á vez que sigo progresando nas miñas metas dedicando parte á actualización profesional e á investigación; agora mesmo, podendo compaxinar co meu doutoramento na USC.
Sempre estiven relacionada co ámbito do asociacionismo, cooperativismo ou voluntariado na miña etapa máis universitaria. As causas nas que participmos forman parte da nosa identidade e marca como persoa, desde o meu humilde punto de vista.
Participei como membro na Comunidade Iberoamericana de Acción Familiar e Educativa CIAFE desde 2014 a 2017. Na Fundación da organización AGAFOR, formei parte da súa Xunta Directiva de AGAFOR de 2009 a 2014. Fun Patroa da Fundación Muller Empresaria de Galicia de 2012 a 2014. Membro de ICF desde 2008 ata a actualidade e formei parte da Comisión de Coaching Educativo de ICF en 2015. Titora de prácticas do alumnado de Practicum da Facultade de CC Educación da USC desde 2011. Mentora. Proxecto Mentoring USC “Desenvolvo profesional” desde 2015. Por tanto, o estar a contribuír e achegando permíteme recibir á vez correspondencia tanto a nivel profesional como persoal.
Achego dinamismo, profesionalidade, axilidade e orientación a resultados. Manéxome bastante ben en competencias dixitais. Gústame colaborar e poder crear equipos de traballo orientados a resultados, en base a obxectivos e metas moi ben definidos. A coherencia é un mantra para min. Ademais, que me gusta aprender da xente sabia, humilde, traballadora e eficiente.

Dilatada experiencia en DIRECCIÓN ESTRATÉXICA E FINANCEIRA en empresas de varios sectores.

INTERIM MANGEMENT (servizos de dirección especializados en afrontar situacións de transición para reactivar a PEME, analizando, redeseñando o modelo, implantándoo e xestionando), integrándome no equipo, implicado na operativa diaria da PEME, facilitando a toma de decisións coa finalidade de incrementar o seu valor e alcanzar obxectivos.

  • Compromiso, capacidade resolutiva, experiencia e confidencialidade.
  • Mellora da eficiencia sen incrementar custos de persoal.
  • Punto de vista externo, racional e obxectivo.
  • Habilidades para a comunicación e negociación, adquirindo a capacidade de crear, liderar e capacitar a equipos multifuncionais orientados á consecución de obxectivos corporativos, superando expectativas, utilizando un liderado e enfoque colaborativo.
  • Análise económica-financeiro.
  • Diagnóstico.
  • Intermediación financeira bancaria, non bancaria e as SGR.
  • Auditoría interna.
  • Análise e mellora de controis e o desempeño, fortalecendo e protexendo o valor da PEME.
  • Organización: Definición e planificación de estrutura organizativa, definición de postos de traballo e as súas funcións, preparación do manual de procedementos interno, desenvolvemento de métodos e redeseño de procesos.
  • Planificación financeira. Deseño e control orzamentario.

PLANS DE VIABILIDADE.

  • Plans de negocio, seguimento desviacións.
  • Reportes mensuais.
  • Medidas e estratexias a adoptar.
  • Definición indicadores de seguimento de cada unha das áreas ou liñas de actividade.
  • Análise, seguimento e deseño de sistemas de CONTROL DE CUSTOS e marxes.
  • Implantación de plans de mellora e sistemas de control.
  • Colaboración en dixitalización e implantación de sistemas de información (ERP, CRM,…).
  • Control de xestión mensual, seguimento de proxectos.
  • Implantación de ferramentas de control, seguimento de indicadores (índices e cocientes), comparativa con empresas do mesmo sector.
  • Xestión de subvencións e axudas.
  • Asesoramento e intermediación en compra e venda de empresas. Valoración.
  • Reorganización de PEMES, medidas de axuste, cambios no modelo de negocio. Asesoramento en concurso ou pre-concurso de acredores, elaborando o plan de viabilidade e intermediación coa administración concursal.

MEDICACIÓN E ASESORAMENTO:

  • Comercio internacional.
  • Importación e exportación.
  • Novos mercados.
  • Implantación de delegacións.

INVESTIMENTOS.

  • Intermediación e asesoramento en operacións inmobiliarias: naves industriais, locais comerciais,…

Experto en seguros de CIBERSEGURIDADE e de DIRECTIVOS – ADMINISTRADORES (D&Ou).
Auditorías de Seguros e xerencia de riscos a empresas sendo especialista en todo tipo de seguros de Responsabilidade Civil.
Asesor en seguros de Caza, Responsabilidade Civil da Sociedade de Cazadores ( TECOR) e do seguro individual do Cazador con produtos específicos e coberturas especiais.
Especialidades:#responsabilidade civil;# soluciondesiniestros

Publicitario con máis de 20 anos de experiencia, amante da estratexia de marca e da atención ao cliente.

Son unha persoa versátil e proactiva, traballei en distintos postos dentro da obra civil, dende prevención a produción, e grazas a iso desenvolvín diversas facultades, competencias e habilidades á hora de xestionar e dirixir equipos de traballo. Posúo capacidade analítica e reflexiva que me permite liderar a xestión do cambio, modificando crenzas, hábitos e costumes a todos os niveis e xerar grazas a iso novas dinámicas de traballo nun sector pouco dado aos mesmos. Apaixóname traballar con persoas, sacar o mellor de cada un, potenciar o talento, dar significado e sentido o noso traballo, achegar valor ao que fago (excelencia), cumprir cos obxectivos propostos sen perder de vista a dirección por valores. En definitiva, confío en que o meu traballo me permita crecer e seguir aprendendo, é a miña motivación persoal. Comparto a máxima de Confucio que di “atopa un traballo que che guste e non terás que traballar nin un só día da túa vida”.