Interim manager

Rodrigo Dopico

 

Impulsor do I Foro da Empresa Ciudad de Narón e de NK, Club de Networking profesional; son Interim Manager especializado en vendas, cofundador de Talentium Interim Bussines Solutions (www.talentiuminterim.com) e director de Logos Vendere, (www.logosvendere.com) consultorías cuxa misión consiste en axudar ás empresas para crecer, vender máis e mellor.

Dedicado toda a miña vida ás vendas, os negocios e a empresa, desenvolvín gran parte da miña carreira profesional traballando como intraemprendedor por conta allea.

Desde hai máis de dous anos iniciei varios proxectos profesionais por conta propia centrados en facer accesibles ás pequenas e medianas empresas ferramentas que -ata hai pouco – parecían só ao alcance das grandes compañías. Na miña actividade diaria, trato de achegar unha nova visión global sobre as persoas, as vendas e a estratexia comercial na empresa.

Algúns dos sectores máis destacados nos que traballado son: o da ferraxería, o de venda e aplicación de pintura, seguridade, limpeza, formación, ou networking. Ademais, son coach executivo e practicante en PNL (Programación Neurolinguística), disciplinas que utilizo, xunto coas específicas de márketing e vendas para desenvolver gran parte do meu traballo.

Firme convencido do asociacionismo, o traballo en equipo e o networking como elementos imprescindibles para as empresas e as persoas, son socio fundador de Valorea, Asociación de Interim Manager de Galicia, impulsor de NK Networking Profesional en Galicia e membro de Rede Activa: Asociación para o Desenvolvemento Profesional e Social, entre outros.

Apaixonado das persoas, fun gañador do premio especial do público no I Foro Inventa a túa Comunicación coa relatorio «Miopía». (https://www.youtube.com/watch?v=E5F70Q2NshE)

One thought on “Rodrigo Dopico

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *