INTERIM MANAGEMENT EN GALICIA

Nunha contorna cambiante e altamente competitiva, as empresas precisan de talento específico para superar os novos retos.

Valorea agrupa aos directores interinos que as empresas galegas poden precisar para afrontar o novo marco competitivo.

CUALIFICACIÓN

INTERIMS CON TRES AVALES DE CALIDADE PROFESIONAL

Os nosos asociados son profesionais que desempeñan con éxito funcións directivas e que deben de contar, como mínimo, con tres avais de calidade profesional.

EXPERIENCIA

PROFESIONAIS FORMADOS PARA EXERCER FUNCIÓNS DIRECTIVAS

A clave do interim manager é a súa experiencia en diferentes empresas ou organizacións, así como en situacións e posicións de responsabilidade diversas.

POR PROXECTO

TALENTO DE ALTO RENDEMENTO DE INCORPORACIÓN INMEDIATA

Un interim manager ofrece capacidade para incorporrase con rapidez en misións concretas, cuns obxectivos previamente definidos, e por un tempo determinado.

¿QUÉ É VALOREA?

VALOREA é a Asociación de Interim Management de Galicia.

Punto de encontro dos profesionais adicados á xestión e dirección interina de empresas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

MISIÓN

Agrupar, representar, defender, desenvolver e facilitar todas as actuacións relacionadas co exercicio do interim management por directivos profesionais en Galicia.

VISIÓN

Chegar a ser a principal asociación de profesionais do interim management de Galicia e ser unha asociación territorial de referencia neste campo no Estado.

VALORES

Profesionalidade, representatividade, desenvolvemento profesional, formación, competencia leal, transparencia, compromiso social, sustentabilidade, excelencia.

INTERIM MANAGER

¿QUÉ É?

A revolución dixital supuxo a irrupción de novas formas de negocio, de producir e de vender.

As empresas deben adaptarse a estes cambios para non perder competitividade. É preciso incorporar novas formas de actuar e de pensar.

aluguer do talento é unha ferramenta fundamental nese proceso.

Un interim manager é un profesional con ampla experiencia, que se incorpora á estrutura directiva dunha empresa co obxectivo de realizar unha misión ou resolver algún problema específico, durante un tempo determinado.

¿PARA QUÉ?

  • Sustitución temporal dalgún directivo
  • Restructuración empresarial
  • Saneamento de conta de resultados
  • Fusióna ou adquisicióna
  • Lanzamento de novos productos
  • Entrada en novos mercados
  • Sucesión en empresa familiar
  • Aceleración de start-up
  • Internacionalización
  • Xestión do cambio

ALUGA TALENTO

Organizamos ou participamos en actos de difusión do interim management.

 

Representamos ós nosos socios ante as administracións públicas e outros organismos ou institucións.

Somos un punto de encontro para a mellora profesional e a formación dos asociados