ENQUISA SOBRE O ESTADO DE SITUACIÓN DO INTERIM MANAGEMENT

Dentro do Plan de Actividades da Asociación de Interim Management de Galicia (VALOREA) atópase a confección dun informe relativo ó Estado do Interim Management no ano 2021. Para a elaboración do informe, a Asociación leva a cabo unha enquisa dirixida ós profesionais do Interim Management co obxecto de recopilar información sobre unha serie de aspectos que afectan ó desenrolo desta actividade profesional. De seguido poderás ver todas as preguntas que se terán que contestar para participar na enquisa. Se queres recibir unha copia do informe sobre o estado do Interim Management no ano 2021, participes ou non na enquisa, que é totalmente anónima, podes deixar unha mensaxe no noso formulario de contacto especificando no asunto “solicitude de informe”.