Cada vez somos máis interim managers interesados en mellorar profesionalmente, e en unirnos cos nosos compañeiros para mellorar a nosa eficacia no apoio das empresas de Galicia. Ese é un dos fins da nosa asociación.
No noso último encontro mensual en Valorea, Evaristo Dominguez do Castelo achegounos ao mundo da construción desde a vertente produtiva, de xestión, ambiental, comercial e asociativa, achegando coñecemento e motivación para mellorar profesionalmente, mantendo principios éticos e de alta responsabilidade.
Grazas aos asistentes, aos novos socios pola súa confianza, e a Evaristo polo seu traballo na asociación.