É un grande orgullo para VALOREA Asociación de Interim Management de Galicia o nomeamento da nosa compañeira Mónica Seara como candidata ó galardón Las Top 100 Mujeres Líderes na súa edición 2021 con Humanas Salud Organizacional.
O ranking Las Top 100 Mujeres Líderes foi creado en 2011 polo portal de mulleres empresarias, directivas e profesionais “Mujeres&cia”. O obxectivo que persiguen é facer máis visibles aquelas mulleres notables nos seus ámbitos de actuación e que as súas voces se escoiten nos centros de poder.
Académicas, investigadores e pensadoras; alta dirección; cultura ocio e deporte; directivas; empresarias; función púbica, institucional e política; medios; profesionais e líderes independentes; Starups e Pymes; tercer serctor e impacto social, son as categorías nas que poden estar encuadradas as candidatas.
Mónica Seara candidata Top 100 Mujeres líderes 2021
Este ano nosa compañeira Mónica Seara está nomeada na categoría de Startups e Pymes como CEO e fundadora da empresa Humanas Salud Organizaciona, SL, con sede en Galicia e adicada ó cambio cultural nas empresas, postulando a creación e transformación das organizacións empresariais tendo en conta que unha cultura empresarial máis saudable e humana e posible.
Mónica Seara, recentemente incorporada ó equipo directivo de Valorea, Asociación de Interim Management de Galicia, competirá por segundo ano consecutivo no que é a novena edición destes galardóns xunto coas outras 55 candidatas da mesma categoría. Na octava edición destes galardóns foron seleccionadas coñecidas personalidades do noso país como Sonsoles Ónega (Medios), Adriana Dominguez (Direcitva), Maribe Verdú (Cultura, ocio e deporte), Margarita Robles (Función Pública, instituciona y política) ou Sandra Ibarra (Tercer sector).
Dende agora e ata o 16 de marzo podes votar por Mónica Seara rexistrándote como votante NESTE ENLACE
——————————————————————————————————
Podes obter máis información sobre a candidatura de Mónica Seara nestes enlaces:
https://paracortarselasvenasconunapaladepescado.com/2021/01/08/monica-seara-candidata-top100/
https://www.laregion.es/articulo/ourense/dos-ourensanas/202102211948211008112.html