TRAXECTORIA PROFESIONAL DOS ASOCIADOS

En Talentium, xestionamos solucións rendibles para acelerar empresas: achegamos talento e valor. Combinamos intelixencia empresarial e intelixencia emocional para mellorar a eficacia de xestión, en contornas de elevada incerteza. Todas as empresas teñen problemas, ou áreas nas que poden mellorar. Diriximos a procura de solucións, a través do método Intema Xestión, con ferramentas tecnolóxicas de intelixencia de negocio ( BI), e cunha atención coidada ao desenvolvemento de persoas e equipos ( PNL). Analizamos a situación, preparamos un plan con obxectivos, e poñémolo en marcha. Un interim manager implícase na xestión, e na execución dos proxectos. Conto cun equipo de colaboradores especialistas de primeiro nivel, e nos que se pode confiar. Son director de negocios e co-fundador en Talentium Interim Business Solutions. Son cofundador e vicepresidente de Valorea, Asociación de Interim Management de Galicia. Son presidente e co-fundador de Rede Activa, unha rede de colaboración profesional, networking, formación e difusión da RSC coa que podes colaborar en calquera momento. Con experiencia en dirección de empresas en diferentes sectores (distribución, retail, cerámica, alimentación, cosmética, xestión de resíduos), en empresas en crises e en start- ups. “Tanto se crees que podes, coma se crees que non podes, en ambos os casos tes razón”. Henry Ford

Áreas de experiencia Xestión da Calidade e Seguridade Alimentaria |Lexislación alimentaria |Auditoría de Calidade Alimentaria | Xestión Eficiente da Produción en Industria alimentaria | Optimización Tempos de Fabricación| Xestión de Equipos|Operacións| Loxística | Cadea de Subministración Ampla experiencia no sector alimentario desde 1996 que me levou a ser unha desas persoas que make things happen; que help people to be great at what they do ; afeita a take decisions; que coñece as ferramentas de problema solving e que sempre busca o continuous improvement nas empresas onde traballo. Motívame saber que co meu traballo melloran os resultados da empresa a través da implantación de métodos de traballo eficientes, de estandarizar e procedimentar procesos, de motivar ás persoas e de reducir custos operacionales. Gustarme traballar con empresas alimentarias que cren na Calidade Total e na Excelencia na Xestión Empresarial.

Casos de éxito como Interim Manager

Casos de éxito


Contacto: ev@evconsultoriaalimentaria – 690632520.

Desesenrolo da expansión comercial textil-moda.
Xestión de operacións e mellora de procesos.

Ao longo da miña evolución profesional puden ascender tanto a nivel persoal como profesional tanto en competencias, como habilidades, retos e compromisos. Sempre involucrada en buscar e acompañar a clientes nos seus procesos de melloras, de cambios e de resultados para que optimicen a súa calidade de vida. Agora mesmo a suma evolutiva da miña praxe e expertise profesional enmárcome no labor de Interim Manager desde o 2015 podendo acompañar desde unha óptica máis profunda procesos de maior calado. Á vez que sigo progresando nas miñas metas dedicando parte á actualización profesional e á investigación; agora mesmo, podendo compaxinar co meu doutoramento na USC.
Sempre estiven relacionada co ámbito do asociacionismo, cooperativismo ou voluntariado na miña etapa máis universitaria. As causas nas que participmos forman parte da nosa identidade e marca como persoa, desde o meu humilde punto de vista.
Participei como membro na Comunidade Iberoamericana de Acción Familiar e Educativa CIAFE desde 2014 a 2017. Na Fundación da organización AGAFOR, formei parte da súa Xunta Directiva de AGAFOR de 2009 a 2014. Fun Patroa da Fundación Muller Empresaria de Galicia de 2012 a 2014. Membro de ICF desde 2008 ata a actualidade e formei parte da Comisión de Coaching Educativo de ICF en 2015. Titora de prácticas do alumnado de Practicum da Facultade de CC Educación da USC desde 2011. Mentora. Proxecto Mentoring USC “Desenvolvo profesional” desde 2015. Por tanto, o estar a contribuír e achegando permíteme recibir á vez correspondencia tanto a nivel profesional como persoal.
Achego dinamismo, profesionalidade, axilidade e orientación a resultados. Manéxome bastante ben en competencias dixitais. Gústame colaborar e poder crear equipos de traballo orientados a resultados, en base a obxectivos e metas moi ben definidos. A coherencia é un mantra para min. Ademais, que me gusta aprender da xente sabia, humilde, traballadora e eficiente.

Dilatada experiencia en DIRECCIÓN ESTRATÉXICA E FINANCEIRA en empresas de varios sectores.

INTERIM MANGEMENT (servizos de dirección especializados en afrontar situacións de transición para reactivar a PEME, analizando, redeseñando o modelo, implantándoo e xestionando), integrándome no equipo, implicado na operativa diaria da PEME, facilitando a toma de decisións coa finalidade de incrementar o seu valor e alcanzar obxectivos.

  • Compromiso, capacidade resolutiva, experiencia e confidencialidade.
  • Mellora da eficiencia sen incrementar custos de persoal.
  • Punto de vista externo, racional e obxectivo.
  • Habilidades para a comunicación e negociación, adquirindo a capacidade de crear, liderar e capacitar a equipos multifuncionais orientados á consecución de obxectivos corporativos, superando expectativas, utilizando un liderado e enfoque colaborativo.
  • Análise económica-financeiro.
  • Diagnóstico.
  • Intermediación financeira bancaria, non bancaria e as SGR.
  • Auditoría interna.
  • Análise e mellora de controis e o desempeño, fortalecendo e protexendo o valor da PEME.
  • Organización: Definición e planificación de estrutura organizativa, definición de postos de traballo e as súas funcións, preparación do manual de procedementos interno, desenvolvemento de métodos e redeseño de procesos.
  • Planificación financeira. Deseño e control orzamentario.

PLANS DE VIABILIDADE.

  • Plans de negocio, seguimento desviacións.
  • Reportes mensuais.
  • Medidas e estratexias a adoptar.
  • Definición indicadores de seguimento de cada unha das áreas ou liñas de actividade.
  • Análise, seguimento e deseño de sistemas de CONTROL DE CUSTOS e marxes.
  • Implantación de plans de mellora e sistemas de control.
  • Colaboración en dixitalización e implantación de sistemas de información (ERP, CRM,…).
  • Control de xestión mensual, seguimento de proxectos.
  • Implantación de ferramentas de control, seguimento de indicadores (índices e cocientes), comparativa con empresas do mesmo sector.
  • Xestión de subvencións e axudas.
  • Asesoramento e intermediación en compra e venda de empresas. Valoración.
  • Reorganización de PEMES, medidas de axuste, cambios no modelo de negocio. Asesoramento en concurso ou pre-concurso de acredores, elaborando o plan de viabilidade e intermediación coa administración concursal.

MEDICACIÓN E ASESORAMENTO:

  • Comercio internacional.
  • Importación e exportación.
  • Novos mercados.
  • Implantación de delegacións.

INVESTIMENTOS.

  • Intermediación e asesoramento en operacións inmobiliarias: naves industriais, locais comerciais,…

Experto en seguros de CIBERSEGURIDADE e de DIRECTIVOS – ADMINISTRADORES (D&Ou).
Auditorías de Seguros e xerencia de riscos a empresas sendo especialista en todo tipo de seguros de Responsabilidade Civil.
Asesor en seguros de Caza, Responsabilidade Civil da Sociedade de Cazadores ( TECOR) e do seguro individual do Cazador con produtos específicos e coberturas especiais.
Especialidades:#responsabilidade civil;# soluciondesiniestros

Publicitario con máis de 20 anos de experiencia, amante da estratexia de marca e da atención ao cliente.