O pasado 11 de xullo celebrouse en Santiago de Compostela unha reunión convocada pola Axencia Galega de Innovación ( Gain) para presentar os detalles da segunda convocatoria do programa Talento Sénior. Foi unha sesión á que acudiron entidades e empresas relacionadas coa xestión de recursos humanos e do talento, e na que tamén participou a Asociación de Interim Management de Galicia – VALOREA. Esta convocatoria, con data límite do 11 de agosto, é unha gran oportunidade para as empresas e organismos públicos ou privados para a realización de actividades de I+D+i, especialmente para as Pequenas e Medianas Empresas de Galicia para incorporar talento sénior -profesionais de alta cualificación- aos seus proxectos de I+D+i, así como de transferencia de tecnoloxía para a comercialización de produtos e servizos economicamente viables. Moitas grazas a Gain por esta invitación.
Programa Talento Senior
